Diario reflexivo: sesión 3

Milleiros de ideas!

Así poderiamos resumir a sesión a cargo de Pilar Soro. Tratouse dunha sesión por videoconferencia moito máis que útil.

Tivo dúas partes ben diferenciadas; a primeira máis teórica, na que nos comezaba a meter o gusanillo no corpo e na que algún xa ía incluso descargando aplicacións para as tablets mentres ela falaba, outros a copiar nomes de aplicacións, todos quedando abraiados das posibilidades que se estaban a comentar, e algunhas miradas de complicidade maquinando xa ideas para aplicar nas aulas... foi moi amena e interesante.
 

En segundo lugar viu a parte práctica, na que comezamos a descargar algunhas aplicacións, probalas, subir directamente contido ao blogue a través da propia tablet ou dispositivo móvil sin necesidade de editalo no bogue... e “fedellar” en funcións varias, que simplicidade de uso! Cantas posibilidades na aula!