Obxectivos

Os nosos obxectivos son:


  • Coñecer, experimentar e analizar as posibilidades dos dispositivos móbiles como instrumentos de creación de contidos, de comunicación e de colaboración entre o alumando e profesorado.
  • Investigar e poñer en práctica metodoloxías de introdución das TICs nas aulas.
  • Descubrir e catalogar App para o traballo da lectoescritura.
  • Empregar as App e os dispositivos móbiles como ferramenta para a lectoescritura: creación dun conto dixital.
  • Fomentar o traballo colaborativo.
  • Elaborar dun protocolo de uso dos dispositivos móbiles na aula/centro.