Quen somos



Somos un grupo de mestras e mestres do CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas) preocupados por aprender máis, interesados en introducir as TICs e motivados por producir un cambio metodolóxico nas aulas, promovendo a aprendizaxe colaborativa e a aprendizaxe por proxectos.


Pensamos que introducir as tablets na aula permite:


  • A creación dunha verdadeira rede de clase.
  • A adquisición de contidos máis significativos e visualmente máis atractivos.
  • Manter o nivel de atención do alumnado e o seu interese polos contidos.
  • Favorecer o pensamento creativo ao permitirlle ao alumnado participar na construción de contidos e na resolución das actividades.
  • Facilitar o acceso, manexo e edición de información dixital multimedia: texto, imaxes, audios, vídeos