Hoxe, aínda
que sendo unha sesión de grupo, decidimos facer subgrupos para
avanzar no traballo, pois as ideas non deixan de aflorar nas nosas
cabezas e o tempo se nos bota
enriba. Así mentres dúas traballaban na programación, outros dous
traballabamos na organización das actividades prácticas e o
restante traballaba co protocolo de uso das tablets.
Foi unha sesión
de traballo duro, no que a concentración dos grupos parecía unha
competición por ver quen sacaba o mellor de si, jeje. Logo do
traballo en subgrupos, puxemos todo en común e nos percatamos de que
temos moitas actividades para unha mañá que se lles fará longa aos
nenos e mesmo a nós…
Debemos ter
todo moi organizado, é por elo que decidimos retrasar a seguinte
reunión ata que o traballo práctico estea elaborado, o que non
quere dicir que nos puxeramos metas intermedias que iremos cumprindo
para dar realizado con éxito a morea de ideas que queren saír das
nosas mentes, do simple papel… e ver cómo responden ás mesmas
eses anxiños que temos na aula.
Sentímonos... con ganas de ver o producto!
.jpg)
.jpg)