Diario reflexivo sesión 11



Xa estamos no tramo final do noso traballo. Cómpre xuntar todo o material obtido e facer unha posta en común para tomar decisións. Foi unha experiencia gratificante para nós ver como os
 nenos traballaron ilusionados, contentos e moi implicados  nas diferentes actividades propostas. 
Tivemos claro que tanto eles coma nós necesitamos expresarnos e contar o que sentimos de 
diferentes xeitos. A vida está chea de cores e de sentimentos asociados a esas cores.                                 O material recollido tanto en audio, como en vídeo, como o das diferentes Apps cas que  
 traballamos é xenial (polo menos, para nós) ; con el decidimos facer a mellor montaxe posible
 que reflectira todo o proceso feito neste tempo.