Mostrando entradas con la etiqueta atención. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta atención. Mostrar todas las entradas

Skitch

Skitch é unha App que nos vai permitir escribir, ou ben nun encerado en branco, ou ben sobre fotografía.

Podemos empregrala para etiquetar imaxes, rodear texto que queiramos resaltar, realizar mapas conceptuais...



wordcam

Con WordCam podemos crear nubes de palabras a partir de fotografías, polo que podemos relacionar tanto a imaxe coma as palabras cun tema determinado.




QR Droid

QR Droid é unha aplicación para escanear códigos QR, polo que nos permite interactuar cos textos, imaxes e vídeos de calquera produto que teña un código QR no seu envase.

Así mesmo, QR Droid vainos permitir crear os nosos propios códigos, polo que o alumnado poderá enlazar as súas tarefas, presentacións, fotos, audicións...





Mindomo

Mindomo é unha App que permite crear mapas mentais de xeito colaborativo. Desta forma podemos traballar calquera contido entre varios estudantes, podendo engadirlle fotos, enlaces web ou iconos ás súas presentacións.



Letris2


Con Letris2 hai que construír palabras, o que nos permite poñer en práctica o vocabulario que coñecemos e ir ampliándoo con novos termos. Pódese xogar de xeito individual ou por parellas.