Con My Story Builder podemos crear os nosos propios libros on-line inventando historias a partir de escenarios e de personaxes que xa nos traen a propia aplicación.
Lenso Create é como un encerado en branco no que podemos ir escribindo e debuxando as nosas creacións. Ao mesmo tempo podemos gravar o que estamos a facer para crear divertidas presentacións en forma de vídeos.
Crear historias a partir de ilustracións feitas por profesionais é divertido.
Con Storybird é moi fácil moitivar ao noso alumnado para que desenvolvan a súa imaxinación e escriban enxeñosas aventuras, creando, como produto final, unha publicación on-line moi vistosa.
Só temos que escoller o ilustrador que nos gusta e ir enchendo as páxinas do libro coas imaxes preferidas e engadíndolle o noso texto.
Storybird é un recurso web. Só precisamos rexistrarnos de xeito gratuíto para comezar a empregalo. Permítenos traballar varios alumnos no mesmo proxecto, polo que favorece o traballo colaborativo.
Este é un exemplo feito polos alumnos Anxo e Juli.
Crear cómics con Divertido Picture Makeré moi sinxelo, posto que xa dispoñemos de escenarios e de personaxes, aos que lles daremos vida grazas á nosa imaxinación.
Con Debuxa e crea notas podemos escribir divertidas notas, con cores e debuxos para adornar as presentacións, para deixarlle mensaxes aos nosos/as compañeiros/as, para lembrarnos de facer algunha tarefa....
StoriesAlive é unha biblioteca de libros dixitais en inglés, que grazas á función "personalizar" podemos modificar cada libro introducindo un novo texto e audio en calquera lingua. Isto permítenos crear novas historias e narralas a partir das ilustracións orixinais.
PicsArt é un programa de retoque fotográfico que nos permite engadir texto, efectos, crear collages... Pero ademais de todo isto, PicasArt ten unha ferramenta de debuxo, polo que, ademais de engadir debuxos ás nosas fotos, podemos crear ilustracións dende unha páxina en branco con diferentes pinceis, texturas..., engadíndolle texto, pegatinas...
¿Que son os monstruos? Están ao noso redor, ás veces escoitámolos, pero non podemos asegurar que os teñamos visto. ¿Gustaríache converterte nun explorador de monstruos? Monstruario é unha aplicación creativa que axuda a desenvolver a imaxinación dos lectores.