Mostrando entradas con la etiqueta traballo colaborativo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballo colaborativo. Mostrar todas las entradas

Comic Maker

Con Comic Maker podemos crear divertidos cómics aplicándolles filtros, engadíndolles bocadillos, efectos...


Skitch

Skitch é unha App que nos vai permitir escribir, ou ben nun encerado en branco, ou ben sobre fotografía.

Podemos empregrala para etiquetar imaxes, rodear texto que queiramos resaltar, realizar mapas conceptuais...



wordcam

Con WordCam podemos crear nubes de palabras a partir de fotografías, polo que podemos relacionar tanto a imaxe coma as palabras cun tema determinado.




QR Droid

QR Droid é unha aplicación para escanear códigos QR, polo que nos permite interactuar cos textos, imaxes e vídeos de calquera produto que teña un código QR no seu envase.

Así mesmo, QR Droid vainos permitir crear os nosos propios códigos, polo que o alumnado poderá enlazar as súas tarefas, presentacións, fotos, audicións...





My story builder

Con My Story Builder podemos crear os nosos propios libros on-line inventando historias a partir de escenarios e de personaxes que xa nos traen a propia aplicación.







Mindomo

Mindomo é unha App que permite crear mapas mentais de xeito colaborativo. Desta forma podemos traballar calquera contido entre varios estudantes, podendo engadirlle fotos, enlaces web ou iconos ás súas presentacións.



StickDraw

Con SticDraw podemos crear debuxos animados aos que lles podemos engadir textos. 

O resultado podemos velo a xeito de cortos de animación.



Lenso Create

Lenso Create é como un encerado en branco no que podemos ir escribindo e debuxando as nosas creacións. Ao mesmo tempo podemos gravar o que estamos a facer para crear divertidas presentacións en forma de vídeos.





Storybird

Crear historias a partir de ilustracións feitas por profesionais é divertido.

Con Storybird é moi fácil moitivar ao noso alumnado para que desenvolvan a súa imaxinación e escriban enxeñosas aventuras, creando, como produto final, unha publicación on-line moi vistosa. Só temos que escoller o ilustrador que nos gusta e ir enchendo as páxinas do libro coas imaxes preferidas e engadíndolle o noso texto. 




 Storybird é un recurso web. Só precisamos rexistrarnos de xeito gratuíto para comezar a empregalo. 

Permítenos traballar varios alumnos no mesmo proxecto, polo que favorece o traballo colaborativo.


Este é un exemplo feito polos alumnos Anxo e Juli.








Preme na imaxe para acceder á páxina web



Divertido Picture Maker



Crear cómics con Divertido Picture Maker é moi sinxelo, posto que xa dispoñemos de escenarios e de personaxes, aos que lles daremos vida grazas á nosa imaxinación.

PicsArt



PicsArt é un programa de retoque fotográfico que nos permite engadir texto, efectos, crear collages... Pero ademais de todo isto, PicasArt ten unha ferramenta de debuxo, polo que, ademais de engadir debuxos ás nosas fotos, podemos crear ilustracións dende unha páxina en branco con diferentes pinceis, texturas..., engadíndolle texto, pegatinas...






Anima Together







Anima Together é unha aplicación de Samsung que nos permite crear historias animadas, ás que lle podemos incluír voz, texto e banda sonora.

O resultado son unhas publicacións moi vistosas e divertidas que van animar ao noso alumnado a desenvolver a súa imaxinación e a súa creatividade.

Permite o traballo entre varios dispositivos, o que facilita o traballo colaborativo.