Con My Story Builder podemos crear os nosos propios libros on-line inventando historias a partir de escenarios e de personaxes que xa nos traen a propia aplicación.
Lenso Create é como un encerado en branco no que podemos ir escribindo e debuxando as nosas creacións. Ao mesmo tempo podemos gravar o que estamos a facer para crear divertidas presentacións en forma de vídeos.
Crear historias a partir de ilustracións feitas por profesionais é divertido.
Con Storybird é moi fácil moitivar ao noso alumnado para que desenvolvan a súa imaxinación e escriban enxeñosas aventuras, creando, como produto final, unha publicación on-line moi vistosa.
Só temos que escoller o ilustrador que nos gusta e ir enchendo as páxinas do libro coas imaxes preferidas e engadíndolle o noso texto.
Storybird é un recurso web. Só precisamos rexistrarnos de xeito gratuíto para comezar a empregalo. Permítenos traballar varios alumnos no mesmo proxecto, polo que favorece o traballo colaborativo.
Este é un exemplo feito polos alumnos Anxo e Juli.
Crear cómics con Divertido Picture Makeré moi sinxelo, posto que xa dispoñemos de escenarios e de personaxes, aos que lles daremos vida grazas á nosa imaxinación.
Con Debuxa e crea notas podemos escribir divertidas notas, con cores e debuxos para adornar as presentacións, para deixarlle mensaxes aos nosos/as compañeiros/as, para lembrarnos de facer algunha tarefa....
StoriesAlive é unha biblioteca de libros dixitais en inglés, que grazas á función "personalizar" podemos modificar cada libro introducindo un novo texto e audio en calquera lingua. Isto permítenos crear novas historias e narralas a partir das ilustracións orixinais.
¿Que son os monstruos? Están ao noso redor, ás veces escoitámolos, pero non podemos asegurar que os teñamos visto. ¿Gustaríache converterte nun explorador de monstruos? Monstruario é unha aplicación creativa que axuda a desenvolver a imaxinación dos lectores.