Diario reflexivo: sesión 8

Para levar a cabo unha sesión individual de búsqueda de App precisamos dos seguintes ingredientes:

1. Un dispositivo móbil.
2. Conexión a internet.
3. Un ambiente agradable.
4. Moita paciencia.

Mesturamos os ingredientes con ganas de fedellar, fedellar, fedellar... e como resultado temos milleiros de App que podemos empregar na nosa aula.







reflexión sesións 6 e 7

Nas sesións 6º e 7º contamos coa presencia de Paz Gonzalo.
Empezou falandonos de diferentes metodoloxias de introducción das tic´s nas aulas como por exemplo:
TPACK e SAMR.
Destacounos a importancia de " aprender a entender" como unha parte básica do proceso de aprendizaxe.
Entre todos practicamos unha "tarefa integrada" que tiña como temática o horto escolar.
Nunha segunda parte deunos ideas para traballar no noso proxecto se SENTICOLOR (fíxonos pensar,
reflexionar e sobre todo rompeunos todos os esquemas que xa tiñamos mais ou menos establecidos).
Presentounos tamen diferentes aplicacións e practicamos con duas en concreto:
-MINDOMO :Coa que traballamos mapas conceptuais.
-PADLET :No que todos a vez iamos aportando ideas sobre un mesmo tema.
Queremos agradecerlle desde aqui o seu traballo e esforzo, asi como as suas aportacións para mellorar o noso proxecto.






DIARIO REFLEXIVO: sesión 5

Hoxe tivemos unha  xuntanza coa nosa asesora do curso. Con ela  revisamos o traballo feito. Faltaban imaxes que reflectiran  algunhas actividades que xa fixéramos  ¡sempre queda mellor o texto acompañado da imaxe no blogue!

Ben, queda moito traballo por facer, todos estamos moi ilusionados por aprender cousas novas.

O blogue irase enriquecendo ca nosa curiosidade e o noso traballo. A coordinadora do 
CEFORE aportounos ideas moi interesantes.

¡Creo que imos polo bo camiño!




Storybird

Crear historias a partir de ilustracións feitas por profesionais é divertido.

Con Storybird é moi fácil moitivar ao noso alumnado para que desenvolvan a súa imaxinación e escriban enxeñosas aventuras, creando, como produto final, unha publicación on-line moi vistosa. Só temos que escoller o ilustrador que nos gusta e ir enchendo as páxinas do libro coas imaxes preferidas e engadíndolle o noso texto. 




 Storybird é un recurso web. Só precisamos rexistrarnos de xeito gratuíto para comezar a empregalo. 

Permítenos traballar varios alumnos no mesmo proxecto, polo que favorece o traballo colaborativo.


Este é un exemplo feito polos alumnos Anxo e Juli.








Preme na imaxe para acceder á páxina web



SoundCloud

SoundCloud é unha App que nos permite gravar o noso alumnado para realizar diferentes actividades.

Unha delas pode ser gravar libros, para facer así os nosos propios audiolibros.




Tamén os podemos gravar para realizar actividades de expresión e comprensión oral.







Para descargar a App premer na imaxe




Divertido Picture Maker



Crear cómics con Divertido Picture Maker é moi sinxelo, posto que xa dispoñemos de escenarios e de personaxes, aos que lles daremos vida grazas á nosa imaxinación.

Diario reflexivo: Sesión 4

Buscando, buscando... (enganchados ás tabletas)

Nesta cuarta sesión estivemos buscando coas tabletas aplicacións que nos poidan ser de utilidade para empregar na aula cos noso alumnado.
Estamos descubrindo todo un mundo novo de posibilidades utilizando uns dispositivos que para os nosos alumnos e alumnas resultan cada vez máis familiares, pois van en aumento constante o número deles que reciben como regalo unha tableta.
Foi unha tarde intensa na que probamos un número grande de aplicacións e na que descargamos as que nos pareceron máis interesantes.
A ver que pensan delas os nosos nenos/as.
¡¡¡¡Agora haberá que probalas na aula!!!!



Diario reflexivo: sesión 3

Milleiros de ideas!

Así poderiamos resumir a sesión a cargo de Pilar Soro. Tratouse dunha sesión por videoconferencia moito máis que útil.

Tivo dúas partes ben diferenciadas; a primeira máis teórica, na que nos comezaba a meter o gusanillo no corpo e na que algún xa ía incluso descargando aplicacións para as tablets mentres ela falaba, outros a copiar nomes de aplicacións, todos quedando abraiados das posibilidades que se estaban a comentar, e algunhas miradas de complicidade maquinando xa ideas para aplicar nas aulas... foi moi amena e interesante.
 

En segundo lugar viu a parte práctica, na que comezamos a descargar algunhas aplicacións, probalas, subir directamente contido ao blogue a través da propia tablet ou dispositivo móvil sin necesidade de editalo no bogue... e “fedellar” en funcións varias, que simplicidade de uso! Cantas posibilidades na aula!


StoriesAlive


StoriesAlive é unha biblioteca de libros dixitais en inglés, que grazas á función "personalizar" podemos modificar cada libro introducindo un novo texto e audio en calquera lingua. Isto permítenos crear novas historias e narralas a partir das ilustracións orixinais.

Letris2


Con Letris2 hai que construír palabras, o que nos permite poñer en práctica o vocabulario que coñecemos e ir ampliándoo con novos termos. Pódese xogar de xeito individual ou por parellas.


PicsArt



PicsArt é un programa de retoque fotográfico que nos permite engadir texto, efectos, crear collages... Pero ademais de todo isto, PicasArt ten unha ferramenta de debuxo, polo que, ademais de engadir debuxos ás nosas fotos, podemos crear ilustracións dende unha páxina en branco con diferentes pinceis, texturas..., engadíndolle texto, pegatinas...






Anima Together







Anima Together é unha aplicación de Samsung que nos permite crear historias animadas, ás que lle podemos incluír voz, texto e banda sonora.

O resultado son unhas publicacións moi vistosas e divertidas que van animar ao noso alumnado a desenvolver a súa imaxinación e a súa creatividade.

Permite o traballo entre varios dispositivos, o que facilita o traballo colaborativo.

Diario reflexivo: sesión 2


Na segunda sesión tivemos por un lado traballo en grupo e a continuación, sesión formativa con Manel Rives, a través de videoconferencia.


Na sesión de grupo presentamos o blog Senticolor, que nos vai servir de almacenaxe das App atopadas, ademais de ir engadindo todas as novas que se vaian producindo no proceso de elaboración do conto on-line "Senticolor".

Tamén presentamos a planilla que deseñamos para ir clasificando as App.

Manel, polo súa banda, falounos da Aprendizaxe colaborativa.

Con el aprendimos que se pode aprender creando, con interdependencia de cada membro do grupo, potenciando a creatividade e mediante unha alfabetización múltiple.

Os docentes temos que promover novas dinámicas, un traballo dia a día diferente no que buscamos unha información, creamos información e aprendemos desa información.

O que aprendimos desta sesión, entre outras cousas é que ensinar é diferente a aprender.


Aquí temos a presentación que empregou Manel para a súa conferencia.



Senticolor: lectura do conto en pdf

esta primeira sesión o que fixemos foi ler nas tablets o texto de senticolor en pdf.


Mentres uns lían, os outros ían coloreando os debuxos para a sesión de realidade aumentada.




Monstruario



¿Que son os monstruos? Están ao noso redor, ás veces escoitámolos, pero non podemos asegurar que os teñamos visto. ¿Gustaríache converterte nun explorador de monstruos? Monstruario é unha aplicación creativa que axuda a desenvolver a imaxinación dos lectores.

Diario reflexivo: Sesión 1

Nesta primeira xuntanza o que fixemos foi organizar o  traballo e repartir os roles de cada membro do grupo.

Traballamos en pequeno grupo, repartindo as tarefas para analizar, reflexionar e tomar decisións sobre:

  • Investigación de diferentes metodoloxías de introdución das tablets na aula.
  • Investigación sobre diferentes xeitos de almacenaxe e organización das App.
  • Creación da conta de google para a sincronización das tablets...
  • Investigación sobre planillas para clasificar App.

Esta sesión serviunos para tomar o primeiro contacto co traballo que imos desenvolver ao longo de todo o proceso que nos levará a crear unha publicación on-line con Senticolor e, por outra banda, á clasificación de App para traballar a lectoescritura na aula con tablets.